Descripción del proyecto

ANUNCIO

Aprobadas por Decreto nº360/2018, de 20 de marzo de 2018

BASES ESPECÍFICAS  QUE REXERAN O FUNCIONAMENTO DUNHA LISTA DE ESPERA PARA   O NOMEAMENTO COMO FUNCIONARIO/A  INTERINO/A   DE TÉCNICOS EN TURISMO.-

1.- Obxecto da convocatoria: O obxecto da presente convocatoria é o nomeamento como funcionario/a interino/a de  Técnicos en Turismo para a atención das funcións que como persoal técnico sexan consecuencia das diferentes subvencións ou convenios convocadas pola Excma. Deputación Provincial da Coruña ou calquera outra Administración e concedidas ao concello das Pontes ou suscritos polo mesmo no caso de Convenios. Para a cobertura destas prazas crearáse unha lista de espera e mediante a mesma darase efectividade segundo sexan notificadas as resolucións das correspondentes subvencións ou  se asinen convenios de colaboración. A razón desta convocatoria ven motivada polo feito de que a lista vixente, confeccionada a partir do proceso selectivo convocado mediante anuncio no BOP n.º 94, do 22/05/2017 e que ten unha duración bienal (2017 e 2018) ten un número exiguo de aspirantes  (concretamente tres), que poden non ser suficientes para atender as necesidades que se deriven da presente convocatoria.

Co obxecto de respetar o dereito dos aspirantes que se reflicten na lista en vigor, na correspondente base das que regulan a presente convocatoria establécese o mecanismo a empregar.

Escala: Administración Especial; Subescala: Servizos Especiais; Clase: Técnicos Medios

  • Bases específicas: VER BASES
  • Modelo de instancia: DESCARGAR
  • O prazo de presentación de instancias e do 2 ao 13 de abril de 2018.

 

PUBLICACIÓN

  • LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS Y EXCLUIDOS: DESCARGAR
  • RESULTADO DO PROCESO SELECTIVO: VER LISTADO
  • RESOLUCIÓN RECLAMACIÓN TÉCNICOS DE TURISMO: VER