Que é?
O Imposto sobre Actividades Económicas é un tributo directo de carácter real, estando constituído o feito impoible polo mero exercicio de actividades empresariais, profesionais ou artísticas, exrézanse ou non en local determinado, e atópense ou non especificadas nas tarifas do imposto.
Xestión do Imposto
A Xestión Censual realízase na Axencia Estatal Tributaria mediante impreso oficial (845) que se poder conseguir en calquera oficina da Axencia Estatal Tributaria e que áse cubrir tanto para a alta de actividades, baixa ou variación.
A Xestión Tributaria que se realiza no Concello consiste na emisión de liquidacións tributarias para o seu cobro.
Onde se tramita?
O impreso oficial entregarase en calquera das oficinas da Axencia Estatal Tributaria.
A presentación de recurso de reposición ou a solicitude de devolución de ingresos deber facerse mediante escrito dirixido  Alcaldía.
Normativa e impresos
Descarga⬇ Instancia xeral para xestión tributaria
Que é?
O Imposto sobre Bens Inmobles é un tributo directo de carácter real, estando constituído o feito impoible pola propiedade dos bens inmobles de natureza rústica e urbana sitos no Concello. Tamén pode estar constituído pola titularidade dun dereito real de usufruto, ou de superficie, ou dunha concesión administrativa sobre estes bens, ou sobre os servizos públicos aos que estean afectados, gravando o valor dos referidos inmobles.
Xestión do Imposto
A xestión do imposto de bens inmobles  obxecto dunha dobre xestión:
a. A xestión censual, que  levada a cabo pola Xerencia Territorial do Catastro, aínda que existe unha oficina na que funciona como intermediaria para tramitar variacións de carácter físico (altas novas, agrupacións, segregacións, baixas, etc…) para variacións de carácter xurídico (cambiar de titularidade) todos os martes de 9:00 a 15:00 h. na planta baixa do Concello.
b. A Xestión Tributaria, que se realiza no Concello mediante a emisión de liquidacións tributarias para o seu cobro.
A Xestión Tributaria que se realiza no Concello consiste na emisión de liquidacións tributarias para o seu cobro.
Onde se tramita?
Para a Xestión censual os impresos oficiais entregaranse no rexistro da Xerencia Territorial do Catastro (Rúa Comandantes Fontanes, 10 – A Coruña). Horario de 9:00 a 14:00 h. de luns a venres. Tamén se poden presentar na planta baixa do Concello (os martes de 9:00 a 15:00 h.) persoalmente, por correo postal ou a través da Sede Electrónica do Concello

 

Normativa e impresos
Descarga⬇ Instancia xeral para xestión tributaria

Que é?
Constite o Imposto pola realización dentro do Concello de calquera Construción, Instalación ou Obra para a que se esixa obtención da correspondente licenza de obra urbanística, con independencia de que se obtivera ou non esta licenza e sempre que a expedición desta corresponda a este municipio.
Qué se necesita?
a.
b. Liquidar o imposto no momento de presentación da instancia de solicitude.
Onde se tramita?
As solicitudes presentaranse no Rexistro do Concello, na planta baixa, en horario de 8:00 a 15:00 horas, ou ben na Sede Electrónica do Concello de As Pontes
Normativa e impresos
Descarga⬇ Autoliquidacin ICIO
Que é?
É un imposto que grava o incremento do valor que experimentan os terreos de natureza urbana e que se pon de manifesto a consecuencia da transmisión da súa propiedade por calquera título ou da constitución ou transmisión de calquera dereito real de gozo, limitativo de dominio, sobre os referidos bens.
Qué se necesita?
Escrito dirixido ao alcalde do Concello de declaración para os efectos do Imposto sobre Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana, achegando os documentos necesarios.
Onde se presenta?
Os escritos presentaranse persoalmente, por correo no Rexistro do Concello en horario de 8:00 a 15:00 horas, ou ben a través da Sede Electrónica do Concello de As Pontes
Normativa e impresos
Descarga⬇ Modelo Declaración IIVTNU
Que é?
O Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica é un tributo directo que grava a titularidade dos vehículos desta natureza aptos para circular polas vías públicas, calquera que sexa a súa clase e categoría.
Xestión do Imposto
O Imposto xestíonase a partir dos datos facilitados (altas, baixas, transferencias,etc…) pola Xefatura Provincial de Tráfico e que son remitidos ao Concello.
Posteriormente o Concello practica as liquidacións tributarias correspondentes.
A xestión, liquidación, inspección e recadación, así como a revisión dos actos ditados en vía de xestión tributaria corresponde ao Concello do domicilio que conste no permiso de circulación do vehículo.
Exencións
Minusvalía
Discapacidade
Agrícolas
Bonificación Históricos
Normativa e impresos
Descarga⬇ Devolución IVTM por baixa definitiva
Descarga⬇ Solicitude exención persoas discapacitadas
Descarga⬇ Solicitude exención minusvalía
Descarga⬇ Solicitude exención ambulancias
Descarga⬇ Solicitude exención maquinaria agrícola
Descarga⬇ Solicitude bonificación vehículo histórico
Que son?
Os concellos, nos termos previstos na Lei reguladora das facendas locais, podern establecer taxas pola prestación de servizos públicos tales como o abastecemento de auga, a recollida de residuos sólidos e a rede de sumidoiros.
Xestión
As taxas xestiónanse no Concello aínda que a actualización e o cobro dos recibos é levado a cabo pola empresa de augas AQUAGEST que está sita na rúa Vicente Risco n 1.
Trámite de Solicitude de beneficios fiscais
Existe a posibilidade de solicitar beneficios fiscais nestas taxas que se tramitarán presentando a solicitude no rexistro xeral do Concello en horario de 8:00 a 15:00 horas.
Normativa e impresos
Descarga⬇ Solicitude de beneficios fiscais Taxas abastecemento e recollida
Que é?
O PIC  un punto de información catastral onde unicamente os titulares catastrais ou representantes legais, de fincas urbanas e rústicas, poderán obter información relativa aos ditos bens en calquera municipio do territorio español.
Como se obtén a información?
Personndose o titular catastral ou o representante legal nas oficinas de Intervención, no segundo andar da Casa do Concello, provisto do Documento Nacional de Identidade (DNI), en horario de 8:00 a 15:00 horas, de luns a venres.