Bases reguladoras de subvencións dirixidas ás entidades sociais para o ano 2017

Bases reguladoras de subvencións dirixidas ás entidades sociais para o ano 2017 2017-06-12T11:25:52+00:00

Descripción do Anuncio

Dentro do labor de fomento e apoio ás iniciativas das entidades sen ánimo de lucro que ten atribuído o Concello das Pontes de García Rodríguez, convócanse as presentes axudas na área de Benestar Social.

Primeiro.–Beneficiarios

Poderán optar aos programas contidos na presente convocatoria as entidades que cumpran os seguintes requisitos:

  • Estar legalmente constituídas.
  • Estar inscritas no Rexistro de Asociacións de Galicia e no Rexistro de Asociacións do Concello das Pontes.
  • Carecer de fins de lucro.
  • Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial do Concello ou sobre temas de interese para o Concello.
  • Non estar incursa en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.
  • Estar ao día nas súas obrigas tributarias ca Axencia Tributaria, coa Seguridade Social e co Concello, e nas súas obrigas legais co persoal que preste servizos para as entidades solicitantes.

Segundo.–Obxecto.

O Concello das Pontes de García Rodríguez quere pola presente convocatoria dar apoio ás entidades sociais e contribuír para que acaden os obxectivos que lles son propios, a fomentar a participación da cidadanía en cada ámbito de actuación, contribuíndo deste xeito a impulsar a democratización da sociedade. En canto as subvencións as entidades sociais, as accións tendentes a impulsar actividades destinadas a persoas maiores, discapacitados, persoas con algunha adicción, etc, e xeral a inserción na sociedade de colectivos desfavorecidos e o fomento da igualdade.

Detalles do Anuncio

Categorías:

3ceeb0f36dce79eead2abb126b9bb238RRRRRRRRRRRRRRRRRRRR