Bases reguladoras de subvencións para as entidades medioambientais para o ano 2017 2017-09-06T14:55:32+00:00

Descripción do Anuncio

Bases reguladoras de subvencións para as entidades medioambientais para o ano 2017

Beneficiarios.

Entidades privadas sen ánimo de lucro que cumpran cos seguintes requisitos: – Que os seus estatutos teñan obxectivos e finalidades medio ambientais. – Estar legalmente constituídas e non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percepción das axudas ou subvencións públicas. – Estar inscritas no Rexistro de Asociacións de Galicia, e no Rexistro de Asociacións do Concello das Pontes. – Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial do Concello ou sobre temas de interese para o Concello.

Obxecto.

A presente convocatoria, de conformidade co disposto na Lei 7/1985, de bases do réxime local, Lei 5/1997, de administración local de Galicia, Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, Lei de subvencións de Galicia, título V das bases de execución do orzamento do Concello das Pontes para o exercicio de 2017. O Concello das Pontes de García Rodríguez quere pola presente convocatoria dar apoio ás entidades medio ambientais e contribuír para que acaden os obxectivos que lles son propios, a fomentar a participación da cidadanía en cada ámbito de actuación, contribuíndo deste xeito a impulsar a democratización da sociedade.

 

Actividades e gastos subvencionables.

As subvención ás entidades medio ambientais que irán destinadas a actividades medio ambientais e infraestruturas e equipamento. Os gastos en infraestruturas e equipamento só serán subvencionables ata un máximo dun 25% da subvención concedida.

  • Ler bases completas publicadas no BOP: LER

Detalles do Anuncio

Categorías:

60a28c7702e1ca5905a189865c26700ewwwwwwwwwwwwwww