Axudas ás familias para material escolar CURSO 2017-2018 2017-10-20T10:40:11+00:00

Descripción do Anuncio

Dirixido a alumnado empadroado no Concello de As Pontes de: Educación Infantil (1º e 2º ciclo), Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), bacharelato e ciclos formativos (FP).

Requisitos económicos: Que os ingresos da unidade familiar (base impoñible xeral máis base impoñible do aforro) non superen os 19.500 €, sempre que a parte de aforro da base impoñible non sexa superior a 300 € (Declaración da renda 2015).

Mais información e recollida de Solicitude e anexos: Departamento de Servizos Sociais (2º andar da Casa Dr. Dopeso).

Presentación solicitudes e documentación: no rexistro do Concello do 20 ó 29 de setembro.

MOI IMPORTANTE: Este ano, como novidade, a resolución provisional publicarase no taboleiro de edictos do Concello (calculamos que a finais de xullo), e concederase un prazo de 10 días para presentar alegacións (falta de documentación, etc), polo que nesas datas deberán estar atentos a dito taboleiro e para presentala, no rexistro do Concello.

  • Información axudas material escolar: VER
  • Anexo I – solicitude: DESCARGAR
  • Anexo II – Autorización Axencia Tributaria e SS: DESCARGAR
  • Anexo III – Declaración baixo a súa responsabilidade: DESCARGAR

Publicacións

AXUDAS DO CONCELLO PARA A COMPRA DE MATERIAL ESCOLAR 2017 (CONVOCATORIA DE SETEMBRO)

Con data 18 de outubro de 2017, publicouse nos taboleiros do Concello e do 2º andar da Casa Dr. Dopeso o listado provisional das axudas de material escolar do ano 2017 da convocatoria de setembro.

Os/As interesados/as teñen un prazo de dez días hábiles, dende o 18 de outubro ata o 2 de novembro (incluído) para presentar alegacións a esta lista provisional.

Ante calquera dúbida poden acudir ao Departamento de Servizos Sociais, no 2º andar da Casa Dr. Dopeso, ou chamar ao 667129335.

Detalles do Anuncio

Categorías:

db1a437d252fb505a7db6337cc2d7f06TTTTTTTTTTTTTTTT